April 2012
3 posts
Bil'in, benvida a Palestina
Bil’in é unha aldea escondida de Palestina rodeada de outeiros de herba, pedra e cemento; unha aldea que procura a súa liberdade e que, nos últimos anos, converteuse en símbolo da loita pacífica. Nela, todos os venres maniféstanse veciños e invitados contra o muro de formigón que non só a separa do non moi distante mar, senón tamén de si mesma.
Preto do 60% de Bil’in, unha aldea de menos de 2000...
Nabi Musa
A identidade nacional palestina xurdiu durante o mandato británico, entre 1917 e 1948. Daquela, o festival de Nabi Musa era un dos rituais máis famosos e concorridos da zona, unha celebración relixiosa e social, con tinxes nacionalistas, que levou da man o conservadorismo antisionista e o réxime colonial británico.
Nabi Musa, profeta Moisés en árabe, é un complexo arquitectónico cunha mesquita, un...
Hana Xalabi, libre, mais fóra da casa
Hana Xalabi, palestina de 29 anos, pasou 25 meses da súa vida baixo detención administrativa. En outubro de 2011 foi liberada, grazas ao intercambio de prisioneiros palestinos polo soldado israelí Gilad Xalit; con todo, só catro meses despois volveu ser detida. Nesa ocasión, Hana Xalabi negouse a comer, en protesta contra unha detención sen cargos nin xuízo que as forzas de seguridade israelí...